Bos días!
A proposta que vos deixamos hoxe é un xeito de darlle alegría e imaxinación ás nosas merendas, aprobeitando que ven vindo a calor e o bo tempo ( incluso poderíamos metelas un cachiño ao conxelador para ter uns ricos xelados).
Sabemos que á grande maioría lle encanta a froita, e se hai algún ao que non lle gusta,é unha forma na que experimenten con ela tamén.
Van aquí un par de ideas das múltiples que podedes ter como merenda saudable.
E tamén vos deixamos este vídeo no que nos ensinan cómo facer unha macedonia,pra que eles poidan manipular a froita preparando a súa propia merenda ao seu gusto.
Bo probeito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario