Esta actividade facémola en aula e pásano xenial intentando atrapar a araña Winci. Para facelo, necesitamosos seguintes materiais:
- Un bote aberto polos dous extremos.
- Un trozo de papel film.
- Un rotulador permanente.
- Unha goma.
- Unha linterna.
Nun trozo de film debuxamos a araña
Ese film poñémolo nun dos extremos do bote e suxeitámolo coa goma.
Poñemos a linterna encendida dentro do bote e encendemos.
Apagamos a luz da habitación e xa temos a nosa araña preparada para escapar dos pequenos. Pode escapar polo chan, polas paredes... Trátase de que os nenos se movan dun xeito divertido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario