A HORA DA COLADA!!
Hoxe propóñovos
unha actividade que lles gusta moito facer no cole e que estou segurísima que
tamén lles vai gustar moito facer na casa e é ” A Hora da Colada”. É unha
actividade que se pode facer en familia onde nos familiarizamos co traballo en
grupo, co compañeirismo axudándonos uns os outros e o mesmo tempo practicamos
un pouquiño a psicomotricidade fina.
A actividade como
o seu nome indica é de facer a colada. Podemos coller roupa de bonecas ou senón
a súa propia, como calcetíns, roupa interior ou algunha camiseta. Collemos un
recipiente algo grande e votámoslle unha pouca auga (si lla botamos templadiña
mellor que mellor) e alí poden lavar a roupa (podemos botarlle unas gotiñas de
xel de ducha para que faga un pouquiño de espuma que tanto lles gusta). Cando
xa leven un ratiño lavando ou cando eles xa empecen a estar cansos apertámola
roupiña e a estendemos. Si tedes un alambre interior moi ben e si non atamos
unha corda polos dous extremos e eles que collan a roupa e a estendan
poñéndolle as pinzas.
Xa me contaredes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario